miércoles, 14 de marzo de 2018

Leila e o gran invento do mapa!!!


Que sorpresa tivemos con Leila, que logo de poñer a palabra do seu invento, nos CANTOU!!! Sí, nos cantou quen foi o inventor do mapamundi, cunha canción que trouxo escrita nunha folla. Xenial!!!



Qué nome máis raro o do inventor, que era grego: Anaximandro!!! Aproveitamos para contar as letras, comparar as palabras, unha moi longa e outra moi curta, etc. E tamén, trouxo unha bola do mundo, parecida á que temos no cole, onde buscamos países.



Logo, vimos diferentes mapas: de carreteras, dunha cidade, de montes e ríos, de comunidades, etc. E en internet, descubrimos que algúns mapas así xa existían antes do que inventou Anaximandro.


 E fixemos un mapa de todo o mundo. Pintando a auga, escribimos e coñecimos os nomes dos continentes, en pequeno grupo e colocámolos.





Logo fixemos un mapa de animais, cos que temos na escola. E os que no sabiamos onde vivían, os buscabamos en internet.



E rematamos cunha sorpresa. Unha carta que apareceu no cole, cun mapa diferente. Un mapa dun tesouro!!!
Pronto déronse de conta, que era do cole. Pero como estes días chove tanto, non podemos saír en busca dese tesouro. Toca ter paciencia. Por iso, esta historia ...   CONTINUARÁ!!!!

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails