Logo, falóunos do seu inventor Zacharías Janssen, que facía lentes para ver. E contóunos, que colocando varias lentes xuntas, víu que as cousas facíanse grandes.
Trouxo un microscopio dos seus primos e explicóunos as cousas que ten: o porta onde se poñen as mostras de cousas para ver, uns portas con mostras, unhas pinzas, onde estaba a luz, etc.
Trouxo nun USB fotos, onde estaba co seu avó, que ten un microscopio xigante e moitas mostras. Ensinóunos como se ve de grande unha larva de mosca, un grano de sal, os glóbulos vermellos. Aproveitamos para ver en internet como se ven as células, os virus e bacterias que nos poñen enfermos, e as bacterias que son boas.
E tamén, experimentamos cun microscopio da profe, co que vimos como e con que podemos facer un microscopio de materiais de refugallo. E fixemos virus e bacterias malos e bos, pero todos e todas, chulísimos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario