jueves, 15 de marzo de 2018

Carolina e o gran invento do chupachús!!!

Carolina escolleu este invento tan doce!!! Primeiro colocou as letras do seu nome e vimos coma sempre, cales estaban repetidas, cantas tiña, etc. 
Logo trouxo unha folla onde vimos que o chupachús é un pau cun caramelo. Con axuda, descubrimos que isto se lle ocorreu a un español chamado Enric . E poñendo a cabeza a funcionar, algúns dixeron que era para poder chupalo mellor, para non mancharse, para que durara máis, etc. E tamén, alguén dixo que uns son grandes e outros pequenos. E que se lles puña un papel de cores polo sabor. E aproveitamos para comentar de cantos sabores podes atopalos, e que ata poden ter sabores mesturados. Canto sabemos de chupachuses!!!



E despois, a xogar a conseguir chupachuses!!! Fixémos equipos de 4. Cada un tiña unha caixa dunha cor diferente, con buratos onde colocar os chupachuses que ían conseguindo. Para eso, tiñamos que tirar o dado e coller os chupachuses correspondentes, seguindo e respectando a quenda. 
De cando en cando, faciamos unha paradiña, para traballar a paciencia e o conteo. Onde contaban os que tiñan e cantos lles faltaban para gañar.
Gustoúlles moito e xogamos varias veces. Todos e todas gañamos, porque pasámolo, xenial!!!






Tamén, fixemos moitas manualidades cos chupachuses, para levar para casa. Uns moriños cos que estabamos moi guapos e guapas porque eran... moi moi grandes!!!



E rematamos, facendo bichiños. Os que quixeron fixeron unha bolboreta e os que quixeron unha araña. Traballaron seguindo as instrucións para facelo e quedaron chulísimas!!!



No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails