miércoles, 15 de noviembre de 2017

Xa chegou Puntillas... cunha gatiña chamada Panela!!!

Canto tempo esperando!!! Por fin, chegou Puntillas e con tremenda sorpresa... unha gatiña!!!


Viñeron nun castelo para algúns, nunha mansión para outros, ou coa súa casiña. Pero tivemos que esperar para saber que era, porque viña nun paquete con buratiños e cun cartel que dicía: mira e toca. E nos miramos e tocamos polos buratiños para adiviñar. Vimos unha cousa amarela, unha vaca, unha almofada, unha alfombra, moito pelo, algo moi suave, corazóns, etc.


Logo, Puntillas díxolle a Darío que tiña que abrir o paquete Ezequiel, e alí estaba ela, coa súa bolsiña da merenda... como Puntillas!!!
Unha bolsiña chea de peixes. Moitos peixes. Algúns dixeron que era a súa comida. Outros dicían que non porque era moita para ela soa. Outros dixeron que tiña para comer unha cada día. E entón alguén dixo que eran moitos peixes porque eran un agasallo para nos. Unha aplastante verdade. Pero que eran?

 Tocámolos e alguén dixo que eran "chuches", pero entón outros dixeron que non porque non tiñan azucre por fora. E alguén dixo que eran xabóns porque ulían moi ben. E probámolo... pero non limpaban, nin facían espuma. E atrevímonos a comer un pouquiño.

Que ricos estaban os peixiños!!!
E Logo, xogamos un poquiño con Puntillas e Panela, e co castelo, casa ou mansión.


E dende hoxe, a familia dos coelliños e coelliñas é un pouco máis grande, porque chegou para quedarse...a gatiña PANELA.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails