sábado, 11 de noviembre de 2017

Segundo proceso de cociña

Segundo proceso de cociña para traballar co protagonista indiscutible do Samaín: a cabaza!
Falamos sobre ela, como se come, onde nace, como é a flor, cales son as súas propiedades, descubrimos que hai cabazas de moitos tipos, cores e tamaños... E comparamos a cabaza con outra froita que tamén é redonda e laranxa, pero moi diferente!

E con distintas propostas libres vamos explorando a través dos sentidos: ulindo, saboreando, sentindo texturas, temperaturas, pesos, formas, durezas...

- Con culleres, extraemos as "pipas" do interior
- Con coitelos e garfos, cortamos e esmagamos cabaza cocida. E tamén probamos! Que doce!
- Observamos e representamos graficamente unha enoooorme cabaza
- Separamos e clasificamos pipas de cabaza e pipas de xirasol
- Observamos as diferenzas dun anaco de cabaza e outro de laranxa
- Facemos zumiño de laranxa... porque de cabaza non sae nada!


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails