jueves, 20 de abril de 2017

Pedriñas da calma

Esta mañá estivemos traballando coas "pedriñas da calma". Primeiro falamos sobre o enfado, onde o sentimos, en que parte do corpo, e témolo clarísimo: no cerebro, no corazón, na boca, nos ollos, na barriga. Esas foron as súas respostas. Cando estamos enfadados, aí é onde o notamos.
Pechamos os ollos e intentamos sentir esa sensación, porque para poder controlarnos cando estamos nun "mal momento", primeiro temos que practicar estando tranquilos.
Cos ollos pechados, imaxinamos unha situación que nos enfada, individualmente, sen falar. Cando máis ou menos todos sentimos esa sensación, respirando despaciño, intentamos levalo por un camiño por dentro do noso corpo ata as mans, ata a pedriña que suxeitamos. E deixámola no chan.
Tamén practicamos a respiración do barquiño, imaxinando que a nosa barriga é o mar, a respiración fai ondas que suben e baixan e van movendo despacio o barquiño.
Mirade que ben o facemos!



No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails